Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Galeoke anima a cantar en galego para o Nadal

O PROXECTO CONTA COA PARTICIPACIóN DALGúNS DOS MáIS COñECIDOS GRUPOS GALEGOS

O Galeoke anima a cantar en galego para o Nadal

MISCELáNEA | decembro 1, 2010

imaxe non dispoñible

Facer karaoke con Berrogüetto, The Homens, Uxía Senlle ou Projecto Mourente, cun sistema de puntos que permite artellar competicións. Esta é a proposta do Galeoke, un produto que se presentou a pasada fin de semana no Culturgal e que pretende chegar ás tendas este Nadal na forma dun DVD. Aitana Cuétara, unha das responsables do proxecto, explícanos como funciona o karaoke e os vindeiros proxectos arredor desta iniciativa. Se queres ir probando o Galeoke, podes participar no noso sorteo de catro códigos promocionais que che permitirán descargar o programa e probar unha canción desde a páxina deste proxecto.

AUDIO
Aitana Cuétara fálanos do Galeoke