Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Berrogüetto gravará a súa actuación en Santiago para un DVD en directo

A BSO DA PELíCULA THE WAY INCLúE DOUS TEMAS DO GRUPO FOLK

Berrogüetto gravará a súa actuación en Santiago para un DVD en directo

FOLK | novembro 12, 2010

imaxe non dispoñible

O concerto que este sábado dará o grupo Berrogüetto no Auditorio de Galicia ás 21 horas dentro do ciclo Sons da diversidade será rexistrado para presentarse posteriormente en DVD. Esta será a primeira gravación en directo desta prestixiosa e veterana formación na súa longa carreira con xa cinco discos editados. A formación tamén esta de actualidade xa que os seus temas Nadal de Luintra e Fusco son as únicas achegas xa non galegas senón nacionais á BSO da película The Way creada polo compositor Tyler Bates e na que tamén hai cancións de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.