Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Proxecto Orquestral Cangas presenta o seu segundo disco in Crescendo

A FORMACIóN INTéGRANA ALUMNOS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E A ESCOLA MUNICIPAL DE MúSICA DE CANGAS

O Proxecto Orquestral Cangas presenta o seu segundo disco in Crescendo

CLáSICA/LíRICA | outubro 20, 2010

not_17693.jpg

Un ano despois de ter sacado o seu primeiro traballo discográfico o Proxecto Orquestral Cangas ven de editar unha nova gravación de carácter cada vez máis profesional. In Crescendo é o gráfico título do novo disco da formación conformada por máis de corenta músicos saídos do Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Cangas baixo dirección de Alberto González Avilés. No disco, gravado en maio deste ano no Auditorio Municipal polo Servizo de Produción da Radio Galega, a orquestra ofrece seis temas compostos ou arranxados por Alberto González Avilés nos que, como no anterior traballo, hai presenza da música clásica e da música cinematográfica. Mil duascentas copias deste disco editado polo Concello de Cangas repartiranse entre conservatorios e escolas de música de toda Galicia e España, así como a varias localidades de Portugal.

datos do disco