Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A soprano Laura Alonso protagonizará unha ópera no Lincoln Center de Nova York

A ACTUACIóN, DIRIXIDA POR ENMANUEL PLASSON, TERá LUGAR O 19 DE NOVEMBRO

A soprano Laura Alonso protagonizará unha ópera no Lincoln Center de Nova York

CLáSICA/LíRICA | setembro 30, 2010

imaxe non dispoñible

O Lincoln Center é un dos centros escénicos máis grandes e importantes do mundo. Polo tanto, é un escenarios ambicionados por calquera músico. A soprano galega, Laura Alonso cantará alí o vindeiro 19 de novembro cun papel protagonista na ópera As horas baleiras, interpretada pola sinfónica neoyorkina dirixida polo francés Enmanuel Plasson. A ópera conta a historia dunha muller solitaria, adicta a Internet que vive no seu mundo fantástico. Alonso chega a Nova York despois de conseguir o premio á mellor artista de Teatro de Essen no Festival Rhur 2010.