Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Filharmonía presenta unha nova temporada chea de grandes directores

NOS TRINTA CONCERTOS PREVISTOS TAMéN SE INTERPRETARáN OBRAS DE COMPOSITORES GALEGOS

A Filharmonía presenta unha nova temporada chea de grandes directores

CLáSICA/LíRICA | setembro 16, 2010

imaxe non dispoñible

Empezando por Frank Peter Zimmermann e rematando por Juanjo Mena, no medio hai media ducia de directores recoñecidos que están no cartel da próxima temporada da Real Filhamornía de Galicia. A programación comezará o vindeiro día 24 coa Misa de Coroación de Mozart dirixida por Jonathan Webb e coas soprano Marta Matheu e a mezzosoprano Cristina Faus (Auditorio de Galicia, 21:00 horas). En total, haberá trinta concertos no que haberá espazo para a produción dunha nova ópera (A voz humana de Poulenc con Ana Vallés como directora escénica), así como a interpretación de obras de compositores galegos (Octavio Vázquez, Juan Durán, Fernando Buide e Pepito Arriola). Ademais, mantense o ciclo de piano Ángel Brage con recitais de Aice Sara Ott, Arcadi Volodos e Aldo Ciccolini.

DOCUMENTO