Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Escola de Altos Estudos Musicais pasa a depender do Consorcio de Santiago

ACTUALMENTE ESTá ADSCRITA AO ORGANIGRAMA DA AGADIC

A Escola de Altos Estudos Musicais pasa a depender do Consorcio de Santiago

CLáSICA/LíRICA | setembro 16, 2010

imaxe non dispoñible

Non era un asunto novo, senón que xa se viña falando desde a existencia do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e acelerado desde a conversión en Axencia (Agadic). A Escola de Altos Estudos Musicais non encadraba moito nunha entidade de promoción das industrias culturais. Por iso, non sorprendeu o anuncio do xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, que avanzaou que a xestión desta escola pasa a depender desta entidade. O xerente apuntou que ese cambio terá lugar no curso 2011-2012 e contará cun novo enfoque docente e unha maior vinculación coa Real Filharmonía.