Ti estás aquí > Inicio / / Víctor Pablo Pérez anuncia a súa despedida da Sinfónica de Galicia para 2012
Víctor Pablo Pérez anuncia a súa despedida da Sinfónica de Galicia para 2012
agosto 30, 2010
En abril deste ano anunciouse a entrada de Jesús López Cobos para compartir batuta con Víctor Pablo Pérez á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi o propio Cobos quen asegurou que sería director convidado pero nunca o substituto de quen levaba vinte anos no proxecto. Sen embargo, Víctor Pablo acaba de anunciar o que era un segredo a voces: que marcha da OSG unha vez que remate o contrato (no verán de 2011). Mentres tanto, a formación segue a súa etapa de cambios co despedimento de David Ethevè como director da Xoven Orquestra. Foi o propio músico quen o fixo público nun concerto esta semana, o que motivou o malestar de Víctor Pablo Pérez. O substituto saberase nunha rodla de prensa que convocará o xerente, Oriol Ponsa, nos vindeiros días.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 12/ 2014 | Unicornibot anuncia unha pausa na súa carreira
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 13/ 2/ 2013 | Dima Slobodeniouk é o novo director musical da OSG ata 2016
- 30/ 5/ 2012 | Chaikovski centra a programación da Orquestra Sinfónia para a temporada
- 14/ 5/ 2012 | A Sinfónica de Galicia celebra os seus 20 anos no Festival Mozart