Lucía Pérez aposta integramente pola lingua galega no novo disco
xuño 28, 2010
Descuberta artisticamente no ano 2002 cando gañou o certame de canción “Canteira de cantareiros” do programa Luar na Televisión de Galicia Lucía Pérez xa vai polo seu cuarto disco. A cantante do Incio presenta agora Dígocho en galego, un álbum integro na súa lingua materna con temas que xa foron publicados nos anteriores tres discos, algúns deles inicialmente en castelán e agora adaptados ao galego. Entre os doce temas deste disco destacan por novidade un tema dedicado á súa localidade, O Incio, unha versión do Himno Galego e unha nova versión da súa canción Torres de Compostela dedicada ao Camiño de Santiago e na que conta coa colaboración especial de Bieito Romero, gaiteiro e líder de Luar na Lubre.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 9/ 2017 | Arantxa Pérez debuta con Hay tanto camino por andar
- 14/ 7/ 2014 | Lucía Pérez volta con Quitapenas
- 20/ 2/ 2014 | Xoán Eiriz presenta un repertorio internacional no seu novo disco
- 10/ 3/ 2005 | Un compositor e unha empresa organizan o primeiro concurso para elixir o primeiro Disco do Ano de solistas galegos
- 18/ 11/ 2003 | A cantante lucense Lucía Pérez fíxose co disco de ouro galego polo seu traballo “Amores e amores”