Ti estás aquí > Inicio / / Ferrol cántalle á cultura mariñeira no III festival de Músicas Portuarias
Ferrol cántalle á cultura mariñeira no III festival de Músicas Portuarias
xuño 25, 2010
A Central Folque, Centro Galego de Música Popular, e o Concello de Ferrol traballan xuntos da man no III ciclo Músicas Portuarias. Unha celebración para dar a coñecer a vertente musical da cultura mariñeira. Concertos en teatro, contos, circuito de cantos tabernarios e paseos musicais en barco que este ano estarán dedicados ao Mediterráneo occidental (coa presenza de Mara Aranda e Artaica -Valencia- e Franca Masu –Sardeña). Canda eles, Aló Irmao!, a conexión galega con Guinea Bissau, presentarán no Teatro Jofre o seu novo disco. A cita terá lugar en Ferrol, nas fins de semana do 2 ao 17 de xullo.