Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Partituras inéditas de Pepito Arriola protagonizan un concerto extraordinario da Real Filharmonía
Partituras inéditas de Pepito Arriola protagonizan un concerto extraordinario da Real Filharmonía
xuño 16, 2010
O dúo de pianos Divertimento concertante, cos irmáns Víctor e Luís del Valle, e o Concertino para piano e orquestra conforman o cartel do concerto co que hoxe (Auditorio de Galicia, 21:00 horas en entrada libre) a Real Filharmonía contribúe á recuperación de Pepito Arriola. Precoz e extraordinario pianista, foi un dos mellores compositores galegos do século XX. Agora, grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Consorcio de Santiago acábanse de recuperar unha serie de partituras que gardaba a súa irmá Carmen. O repertorio do concerto de hoxe, máis Seis poesías de Antonio Machado, con Javier Franco como barítono, e Tres textos cervantinos, coa soprano Carmen Durán, a contralto Ainhoa Zubillaga e o barítono Francisco Santiago conformarán o CD que gravará a Filharmonía.
Tamén che pode interesar:
- 31/ 10/ 2024 | José Arriola e as complexas orixes dun xenio musical
- 14/ 1/ 2021 | A Real Filharmonía estrea unha obra da compositora galega Sofía Oriana Infante
- 11/ 10/ 2018 | A Real Filharmonía de Galicia inicia a xira de homenaxe a José Arriola
- 27/ 6/ 2018 | A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
- 2/ 7/ 2015 | Inícianse as tempadas de música clásica