Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / SON Estrella Galicia patrocinará concertos e festivais por todo o país

A MARCA PATROCINARá O SóNAR, O FESTIVAL 981 E MAIS O MTV GALICIA

SON Estrella Galicia patrocinará concertos e festivais por todo o país

MISCELáNEA | xuño 4, 2010

imaxe non dispoñible

O proxecto SON Estrella Galicia muda este ano de formato. A marca de bebidas amplía o seu patrocinio de eventos musicais e, para alén do Festival 981, apoiará tamén o MTV Galicia, o Sónar Coruña e mais o Festival Sinsal. Ao tempo, a marca programará actuacións nunha serie de salas como Mondo Club (Vigo), NASA e La Radio (Compostela) e mais Garufa e Club Disco 33 na Coruña, así como o Teatro Lara, en Madrid. Canda a isto, a marca programará concertos como os de Micah P. Hinson en Madrid e Vigo ou The Pains of Being Pure at Heart.