Ti estás aquí > Inicio / / O Festival Mozart abre a ritmo de Verdi
O Festival Mozart abre a ritmo de Verdi
maio 10, 2010
Aínda que os dous grandes reclamos do cartel (Ainhoa Arteta e Dolora Zaijick) caeron no último momento por motivos de saúde, a Misa de Réquiem de Guiseppe Verdi tivo unha excelente acollida de público e crítica nun cheo Pazo da Ópera. Con esta peza abriuse unha nova edición do Festival Mozart que ten os seus ollos postos na seguinte gran actuación: a representación da Ópera Don Giovanni con escenografía de Pier Luigi Pizzi (venres, 21). Canda esta, do 28 ao 31 de maio representarase a versión para toda a familia de A frauta máxica adaptada por J. Menor e interpretada en castelán. A seguinte gran cita do encontro terá lugar o 19 de xuño coa recuperación de O soño dunha noite de verán tal e como foi concebida por Mendelssohn.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 6/ 2014 | A Coruña presenta a súa nova Temporada Lírica
- 7/ 5/ 2013 | O violinista Pinchas Zukerman abre a edición do Festival Mozart
- 3/ 3/ 2008 | O Festival Mozart concéntrase nun mes e estrea director artístico
- 26/ 3/ 2007 | Obras de Verdi, Mozart e Donizetti sonarán no Festival de Ópera de Vigo
- 31/ 1/ 2007 | Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart