Ti estás aquí > Inicio / / A polo Ghit perde o apoio da Radio Galega
A polo Ghit perde o apoio da Radio Galega
abril 13, 2010
Vieiros presentaba onte a edición 2010 do certema A polo Ghit, o xa clásico certame co que se busca a canción do verán galega e que está aberto á participación de todos os grupos interesados. Nesta quinta edición, no entanto, dáse a novidade de que é a primeira vez que o proxecto non conta co apoio da Radio Galega, que ata o de agora participaba no mesmo e programa os temas a concurso. No entanto, a emisora pública anunciaba hoxe a posta en marcha do seu propio certame para buscar a canción do verán. Co nome de Vasacarnota o concurto artellarase arredor do programa Somos quen, que se emite nas mañás dos sábados. A emisora fará públicas proximamente as bases.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 9/ 2009 | A Banda de Balbina faise co A polo Ghit 2009
- 20/ 8/ 2007 | O grupo Sacha na horta gaña o certame A Polo Ghit co tema “Biocultivos”
- 24/ 4/ 2007 | A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede
- 11/ 9/ 2006 | “In the ocean” de Pulpiño Viascón é a canción do verán
- 6/ 6/ 2006 | O programa Extrarradio e Vieiros organizan un concurso na procura da canción galega do verán