Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A Coruña Son 2010 non contará con Santiago Auserón

ESTá ABERTO O PRAZO PARA QUE OS INTERESADOS EN PARTICIPAR ENVíEN OS SEU SPROXECTOS

A Coruña Son 2010 non contará con Santiago Auserón

MISCELáNEA | marzo 23, 2010

imaxe non dispoñible

Por terceiro ano consecutivo, o Concello Herculino convoca o certame A Coruña Son. A convocatoria, á que os interesados xa poden enviar as súas propostas, pretende achegarlles oportunidades aos novos grupos musicais do país. Nese sentido, o premio principal consiste nun curso de formación dunha semana para os conxuntos seleccionados por votación popular vía web. Ademais, os seleccionados gravarán un disco conxunto e farán un concerto na cidade. Esta é a primeira edición que o certame non contará coa presenza de Santiago Auserón como mestre. Segundo explicaron os organizadores, a redución de apoio ao proxecto por parte da Xunta de Galicia levounos a optar por profesionais galegos como Bieito Romero ou Xabier Díaz.