Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Mozart inicia unha nova etapa con Oriol Ponsa como director

DESCENTRALIZARá A ACTIVIDADE PARA LEVAR CONCERTOS A DIFERENTES LOCALIDADES CORUñESAS

O Festival Mozart inicia unha nova etapa con Oriol Ponsa como director

CLáSICA/LíRICA | marzo 15, 2010

imaxe non dispoñible

Paolo Pinamonti chegou ao Festival Mozart no ano 2008 para imprimirlle un novo aire ao certame máis centrado na dirección de escena. Sen embargou, esa filosofía ten os seus días contados. O certame, que comeza o vindeiro 8 de maio co Réquiem de Verdi, será o último baixo o mandato do director peruano xa que o actual xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Oriol Ponsa, será tamén o futuro director do certame. Alén destes cambios estruturais, esta edición do festival estreará unha versión inédita de O soño dunha noite de verán de Mendelssohn, representará o Don Giovanni (producción do Teatro di Tradizione de Macerata) e levará actividades puntuais do festival a diferentes localidades coruñesas (Rianxo, Ferrol, Carballo, Vimianzo e Betanzos, entre outras).

Ligazóns