Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Encontro Galego de Música Xove reúne mañá cen grupos

O IES ROSALíA DE CASTRO ACOLLE ESTE ENCONTRO EN COMPOSTELA

O Encontro Galego de Música Xove reúne mañá cen grupos

MISCELáNEA | marzo 5, 2010

imaxe non dispoñible

Actuacións ao vivo, obradoiros, concursos e contactos profesionais entre grupos e axentes. Esta é a proposta do Encontro Galego de Música Xove que se celebra mañá sábado no Instituto Rosalía de Castro de Compostela. O evento, que pretende achegar oportunidades aos novos artistas do país, fechará con concertos de pequeno formato a cargo de Elanor, O Leo i Arremecaghona, Jane Joyd, Baldosa Amarilla e Silvia Penide. Segundo anunciou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, o encontro inicia unha liña de traballo deste departamento encol da mocidade e a música. O pasado ano celebrárase, co nome de Nsaio Xeral. I Encontro Galego de Música Emerxente, unha primeira edición deste evento no mesmo lugar.