Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ciclo de concertos Xacobeo Raíces 2010 ofrece unha escolma da música folk contemporánea
O ciclo de concertos Xacobeo Raíces 2010 ofrece unha escolma da música folk contemporánea
febreiro 23, 2010
Xacobeo 2010 ven de presentar o ciclo de concertos Xacobeo Raíces, unha escolma da música galega contemporánea no que participan artistas e grupos galegos. Xacobeo Raíces preséntase como unha mostra do que está a acontecer hoxendía na nosa cultura musical, “propostas que beben da tradición, que evolucionan cos tempos que nos toca vivir e que se experimentan na creatividade vital do contemporáneo.” O ciclo, que dará comezo o vindeiro sábado 6 de marzo na Coruña coa actuación de Fuxan os ventos, comprende un total de 13 concertos diferentes ao longo de tres meses con nomes tan consolidados como Luar na Lubre, Mercedes Peón, Bonovo, Leilía Cristina ato, Mutenrohi, Berrogüetto, Fía Na Roca e ata un total de 25 artistas ou grupos. Só un dos concertos, o que dará a Orquestra Sondeseu no Circo Price de Madrid o 1 de maio, terá lugar fóra da comunidade, rematando o ciclo o 6 de xuño en Santiago.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 1/ 2018 | Os gaiteiros lanzan o podcast semanal Rumboia
- 9/ 10/ 2015 | Compostela acolle a IV Xornadas de Música Contemporánea
- 13/ 6/ 2014 | A música, a ciencia, a arte e o pensamento encóntranse no ciclo Do audible
- 23/ 5/ 2013 | Un proxecto afonda na relación da música contemporánea co seu contexto
- 16/ 6/ 2011 | Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea