Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sons do Leste

UN DISCO COMPILA O TRABALLO DE GRUPOS QUE CANTAN NO GALEGO DE ASTURIAS

Sons do Leste

MISCELáNEA | febreiro 23, 2010

not_16357.jpg

Conceyo de cantares é un disco que recompila traballos dunha serie de grupos que cantan en galego. Se isto en por si xa resulta unha iniciativa interesante, gaña relevancia se temos en conta que tanto os grupos como o disco xorden da comarca de Navia, en Asturias. A Oficina de Coordinación Cultural y Llingüística do Parque Histórico do Navia é a responsable deste proxecto, que nos amosa a vitalidade da nosa lingua nesta área. Folk, pop, ou fusión son algúns dos estilos que nos descobre este interesante proxecto. Iván Iglesias, responsable da iniciativa, explícanos como xurdiu e como está a música en galego na comarca.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
As de corazóis, por Bacotexo
AUDIO | 30 SEGUNDOS
A Fiya d´Antón:Brañavara, por Francisco de Rozadas
AUDIO
Iván Iglesias fala sobre Conceyo de Cantares
datos do disco