O Xacobeo Classics levará a música de Groba a oito vilas galegas
febreiro 17, 2010
A coincidir co oitenta aniversario de Roxelio Groba, o programa Xacobeo Classics dedicaralle un ciclo ao decano dos compositores galegos. Os oitenta de Groba levará a oito vilas do país, da man da Orquestra de Cámara Galega, algunhas das pezas máis sonadas do músico canda a temas de coñecidos compositores internacionais. Ao tempo, no marco deste programa estrearanse os ciclos Na suaviña e Na barxa, a cargo da soprano Cecilia Lavilla Berganza. As sesións, que serán libres e de balde, arrincan o vindeiro sábado en Vilalba e continuarán por Lalín, Viveiro, A Estrada, Vilagarcía, Ortigueira, Mondariz e Betanzos.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 5/ 2024 | De Bartók a Groba
- 21/ 8/ 2014 | O II Festival Groba reunirá concertos e clases maxistrais en Ponteareas
- 4/ 8/ 2009 | A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto
- 31/ 5/ 2007 | Comeza o programa de concertos Vai de Camiño organizado polo Xacobeo
- 13/ 3/ 2003 | Unha nova fundación difundirá a música clásica en Ponteareas seguindo o exemplo de Rogelio Groba