Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Salón Teatro ábrese á música para presentar os últimos proxectos discográficos

TEATRO, NOVO CIRCO E MúSICA ENCHEN A PROGRAMACIóN DESTE PRIMEIRO TRIMESTRE

O Salón Teatro ábrese á música para presentar os últimos proxectos discográficos

MISCELáNEA | febreiro 10, 2010

imaxe non dispoñible

Linho do cuco, Emilio Rúa, Ophiusa e Diego Bellón son as catro formacións que inaugurarán unha nova liña de programación do Salón Teatro. Un formato que pretende dar a coñecer os últimos traballos dos artistas galegos cun pequeno concerto. Agás esta novidade, o espazo xestionado por AGADIC seguirá fiel aos mesmos criterios de “combinar traballos feitos aquí como fóra”, segundo apuntou o seu director, Juan Carlos Fasero. Teatro, novo circo e danza serán os xéneros programados ata o mes de abril e que arrinca esta fin de semana con Saltimbanquis, o primeiro musical galego pensado para público infantil.