Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ferrol crea unha asociación para promover espectáculos líricos de pequeno formato
Ferrol crea unha asociación para promover espectáculos líricos de pequeno formato
febreiro 10, 2010
Tiña teatro da ópera antes que Milán inaugurase a súa sonada Scala (1778) pero esa tradición perdeuse en Ferrol co paso dos anos. Recuperala é o que pretende a Asociación de Amigos da Lírica que se constituíu o pasado 26 de xaneiro na cidade departamental. Unha entidade que pretende promover espectáculos de lírica (ópera e zarzuela) con concertos, conferencias, conversas e a crítica. O presidente desta entidade é José Manuel Grande Morlán e o seu vicepresidente e José Castro Luaces.