Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A produción galega é finalista en catro categorías dos Premios da Música

CARLOS NúñEZ OPTA AOS PREMIOS POR MELLOR áLBUM DE MúSICA TRADICIONAL E POLOS SEUS ARRANXOS

A produción galega é finalista en catro categorías dos Premios da Música

MISCELáNEA | xaneiro 26, 2010

imaxe non dispoñible

Álbum de música tradicional -Alborada do brasil de Carlos Núñez e ao vivo de Luar na lubre-, mellor intérprete de música clásica -a Real Filharmonía de Galicia-, mellor canción en galego -A nosa estrela de Juan Carlos Fernández Fasero-, máis coñecido actualmente polo seu traballo como director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Madama de Guadi Galego e Nada de Carlos Bau e mellores arranxos -Carlos Núñez por Alborada do brasil- son as categorías ás que optan varios músicos galegos. Ademais, a produción galega Cela 211 está presente nos premios da música grazas á candidatura a mellor álbum de banda sonora cinematoráfica -composta polo andaluz Roque Baños-. Os gañadores da 14 edición dos premios da música daranse a coñecer o vindeiro 17 de febreiro nunha rolda de prensa.

DOCUMENTO
Ligazóns