Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Carlos López presenta en concerto The Last Minute Experience

A FUSIóN DE ESTILOS DIVERSOS DEFINE ESTE SEGUNDO TRABALLO DO PERCUSIONISTA

Carlos López presenta en concerto The Last Minute Experience

FUSIóN | xaneiro 20, 2010

not_16146.jpg

O percusionista coruñés Carlos López inicia hoxe en Santiago (Borriquita de Belén) a xira de concertos de presentación do seu segundo disco The Last Minute Experience (K Industria) sacado a finais do pasado ano. Para a súa gravación López ten contado cun total de quince músicos de diferentes procedencias dos cales cabe destacar as colaboracións do DJ Panko, Ojos de Brujo e os cantantes londinienses Radhika e MC Stormy. A nova dirección musical tomada nos oitos temas e case 60 minutos de The Last Minute Experience fusiona estilos como o drum’n bass, chillout, rock e funk co jazz de vangarda. Nos seguintes días López presentará este traballo dentro do programa de Iberojazz na Coruña- venres 22- e posteriormente en Vigo o sábado 23. En maio volverá a traer este traballo en xira por distintas salas de Galicia. López forma parte tamén do grupo de jazz Organic Collective.

VIDEO | Carlos López & The Last Minute Experience Live - Orion
datos do disco