Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os circuítos de AGADIC achegarán 848 espectáculos nos vindeiros tres meses

A AXENCIA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS INVISTE 812.000 EUROS NESTES PROGRAMAS

Os circuítos de AGADIC achegarán 848 espectáculos nos vindeiros tres meses

MISCELáNEA | xaneiro 5, 2010

imaxe non dispoñible

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, a de Salas e mais a de Música ao Vivo manteñen a súa actividade no comezo de 2010. A Axencia Galega de Industrias Culturais anunciaba hoxe que estes programas achegarán 848 espectáculos nos primeiros tres meses deste ano, cun investimento que chega aos 812.000 euros. En concreto, serán 182 as formacións que participarán destes programas. En canto a actuacións, 388 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios, 325 inclúense na Rede Galega de Música ao Vivo e outras 135 fan parte de Salas (RGS).