Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Dous álbums virtuais marcan o comezo musical de 2010

NOUVELLE CUISINE E DR GRINGO PRESENTAN NA REDE OS SEUS úLTIMOS TRABALLOS

Dous álbums virtuais marcan o comezo musical de 2010

MISCELáNEA | xaneiro 4, 2010

gal_16049_1.jpg

O ano 2010 comeza con dous discos presentados directamente na rede. En concreto, a banda coruñesa Nouvelle Cuisine optou por este sistema para presentar La guerra del volumen, que recolle seis temas novos ademais dunha versión, e que se pode baixar do seu web. O disco editarase tamén en formato CD como os anteriores traballos do grupo e foi gravado, mesturado e masterizado por Estudios Abrigueiro, Friol (Lugo) na primeira semana de novembro de 2009 baixo a produción de Arturo Vaquero. Ao tempo, os composteláns Dr. Gringo publican tamén vía Internet o que é o seu primeiro álbum, unha gravación en directo recollida na Sala Capitol de Santiago. Live at Capitol pódese descargar íntegro cos seus 22 temas e de balde a través do MySpace da banda de psychobilly.

Nouvelle Cuisine: La guerra del volumen
VIDEO | Dr. Gringo: Live at Capitol
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Nouvelle Cuisine: Pinturera Licenza Creative Commons
datos do disco