Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A Orquestra Sinfónica organiza un novo Festiclass

A MúSICA CORAL PROTAGONIZA AS ACTUACIóNS DO PRIMEIRO

A Orquestra Sinfónica organiza un novo Festiclass

CLáSICA/LíRICA | decembro 11, 2009

imaxe non dispoñible

Catro actuacións entre xaneiro e abril de 2010 compoñen a nova edición do Festiclass que presentaba onte a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). Desta volta, a organización aposta especialmente pola música coral. Os Nenos Cantores da OSG inician a programación o vindeiro 30 de xaneiro a interpretar Debussy e Guridi coa formación nai. No mes seguinte será a Coral Universitària Illes Balears a que acompañará a orquestra a interpretar unha peza de Ralph Vaughan Williams. En marzo prevese a actuación do propio coro da Sinfónica cunha peza de Scriabin, e o ciclo remata en abril con Arcadi Volodos ao piano e a OSG interpretando Brahms.

DOCUMENTO
Ligazóns