O certame Constantino Bellón celebrarase en novembro
outubro 27, 2009
O Teatro Jofre acollerá, os vindeiros días 8 e 9 de novembro a XIX edición do certame de Gaita Constantino Bellón. A implicación do Ateneo e do Concello de Ferrol e mais o apoio da Deputación da Coruña permitirán que o evento se celebre este ano, logo de que a retirada do apoio da Secretaría Xeral de Emigración puxese en perigo o concurso. En total dez gaiteiros competirán polo premio na categoría de gaita solistas. O galardón de composición foi para Jesús Rodil Rodríguez coa obra Lugrís.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 9/ 2013 | Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón
- 28/ 8/ 2013 | Pablo Carpinteiro recibe a Gaita de Ouro do Constantino Bellón
- 2/ 4/ 2013 | Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón
- 21/ 8/ 2008 | O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
- 3/ 9/ 2007 | Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional