Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha delegación levará a música galega ao Womex, unha das feiras máis relevantes do sector

A CITA TERá LUGAR EN COPENHAGUE DO 28 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

Unha delegación levará a música galega ao Womex, unha das feiras máis relevantes do sector

MISCELáNEA | outubro 26, 2009

imaxe non dispoñible

Dez empresas discográficas, dúas asociacións profesionais e representantes da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) teñen unha cita no Womex, a feira de música internacional máis relevante. Será do 28 de outubro ao 1 de novembro e terá un espazo propio baixo a marca Galician Tunes, e cunha estratexia dirixida fundamentalmente aos mercados europeos e latinoamericanos. Este ano teñen confirmada a súa participación no encontro 3.000 axentes acreditados procedentes de 90 países.