Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase na rede o disco A Coruña Son 2009

O DISCO RECOLLE AS CANCIóNS ELABORADAS NO OBRADOIRO DIRIXIDO POR SANTIAGO AUSERóN

Preséntase na rede o disco A Coruña Son 2009

MISCELáNEA | outubro 2, 2009

not_15484.jpg

Xa está dispoñible para a descarga o disco coa edición definitiva das dez cancións do obradoiro A Coruña Son 2009 organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña a primeiro deste ano. Os intérpretes cos seus temas son : Sandrísima (canción Tic-Tac), Sergio Zearreta (Fincapé), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira) aos que se engade o tema “Pouco talento” cantado en galego por Santiago Auserón. Dous centos de copias físicas do disco repartiranse este sábado no concerto de inauguración da Biblioteca Municipal dos Rosais na Coruña. No cartaz do disco Auserón comenta, dos que foron os seus alumnos no obradoiro, que “rebordan frescura e á vez sabor; sendo novas, herdan substancia dun medio musical rico en pervivencias folclóricas". Deles di que "pertencen a unha xeración que manexa con soltura o diálogo entre o acento local e os aires internacionais. Deseñan un interesante panorama de estilos en evolución, que todos os afeccionados e os profesionais das linguas irmás deberiamos seguir con atención.”

VIDEO | A Coruña Son 09
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
La Pelvis: PsicomuiñeiraLicenza Creative Commons
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Sergio Zearreta: Fincapé Licenza Creative Commons
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Magritte: Alpinista Licenza Creative Commons
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Santiago Auserón: Pouco Talento Licenza Creative Commons
datos do disco
Ligazóns