Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía e Ute Lemper celebrarán o 20 aniversario do Auditorio de Galicia

A PROGRAMACIóN COMEZA O VENRES 18 CUN CONCERTO DE BALDE NA CATEDRAL

A Real Filharmonía e Ute Lemper celebrarán o 20 aniversario do Auditorio de Galicia

MISCELáNEA | setembro 16, 2009

imaxe non dispoñible

A Catedral de Santiago acolle este venres o concerto de inauguración da programación2009-2010 da Real Filharmonía de Galicia. Música de Schubert e do galego Pérez Guitérrez compoñen o programa dun concerto que revela, ademais, as claves do que será a temporada: músicos do país xunto con valores consagrados da música clásica. A programación ten unha cita clave, o 29 de outubro, día no que se conmemora o 20 aniversario do Auditorio de Galicia cun concerto no que estará presente Ute Lemper. Concertos didácticos, os ensaios abertos e a xira polas localidades galegas (mais Oviedo e Bilbao) conforman a temporada que se estende ata xuño.

DOCUMENTO