Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A crise aféctalle aos festivais

MENOS ORZAMENTOS E PúBLICO CARACTERIZAN O PANORAMA DE CONCERTOS ESTIVAIS

A crise aféctalle aos festivais

MISCELáNEA | agosto 31, 2009

imaxe non dispoñible

Hai menos cartos e menos público, e os carteis nótano. Os festivais e os grandes concertos non están en forma en Galicia este verán. El País e Xornal de Galicia dedicábanlle esta fin de semana cadansúa información a analizar a situación dun sector que atravesa unha grave crise. As críticas ao nivel do Noroeste Pop-Rock, a desaparición de citas coma o Artenativa de Valga ou a redución de escenarios en citas coma o Cultura Quente son algunhas das cuestións que se tratan nestes textos.