Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Soutelo de Montes prepárase para a celebración da XXX Festa do Gaiteiro

A MEDALLA DO GAITEIRO RECAE NESTE ANO EN JOSé GULíAS, “CALADIñO”

Soutelo de Montes prepárase para a celebración da XXX Festa do Gaiteiro

FOLK | agosto 13, 2009

imaxe non dispoñible

É un referente no mundo da música folk no noso país: por levar trinta anos ininterrompidos, porque chegou a xuntar a 800 músicos e porque homenaxear a Avelino Cachafeiro, un dos gaiteiros de referencia na música tradicional galega. Falamos da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, que o vindeiro día 22 de agosto celebrará unha nova edición. Este ano entregará a “Medada do gaiteiro” ao músico local José Gulías, “Caladiño”, que foi alumno do mítico Avelino Cachafeiro. Entre as actividades tamén destaca o XI Congreso de Gaiteiros que aínda ten aberto o prazo de inscrición.