Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zënzar desembarca no festival de Vila de Cruces con A Tribu

É UNHA DAS BANDAS MáIS VETERANAS E EN ACTIVO DO ROCK EN GALEGO

Zënzar desembarca no festival de Vila de Cruces con A Tribu

ROCK | agosto 7, 2009

not_15211.jpg

Os de Cerceda levan vinte anos dándolle enerxía ao panorama musical galego e agora están a presentar por todo o país o seu máis recente traballo A Tribu despois de adiantalo en numerosos medios de comunicación e nun concerto o pasado 2 de maio. O disco, autoeditado pola banda, é un traballo sobre todo roqueiro pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais. Gravado e co-producido por Javier Abreu e Zënzar nos estudios Océano de Nigrán. Contan coa colaboración de Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Xurxo Souto (3 Trebóns), GendeBeat, María X.Silvar (Chámalle Xis), os percusionistas Manolo Suárez e David Bolaño así como o gaiteiro José M. Ares. Hoxe mesmo levan estes catorce temas ao festival de rock de Vila de Cruces onde compartirán escenario cos grupos NAO, esquíos e Pipas Group. Este é o quinto disco do grupo, malia ter un anterior baixo o seu nome orixinal como Mördor.

datos do disco
Ligazóns