Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Concertos e conferencias achegan o contrabaixo ao público compostelán

O FESTIVAL DESENVóLVESE DO 1 AO 8 DE XULLO

Concertos e conferencias achegan o contrabaixo ao público compostelán

CLáSICA/LíRICA | xuño 30, 2009

imaxe non dispoñible

Para moitos, o contrabaixo leva o nome de Ludwig Streicher, o vienés que tocou este instrumento como ninguén. Na súa memoria, a Escola de Altos Estudos Musicais organiza desde hai oito anos un programa lectivo para os seus alumnos que, en cada edición, gaña máis proxección pública. Chámase Festival Ludwig Streicher e desenvólvese do 1 ao 8 de xullo en Santiago. Ademais das clases, esta edición contará con tres concertos abertos e dous recitais abertos ao público, así como unha serie de conferencias e master-class.