Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O selo BluSens Music preséntase en sociedade co novo disco de Cornelius

O LANZAMENTO DO REPRODUTOR MP4 “CORNELIUS 1960” PROMOVERá á BANDA EN 30 PAíSES

O selo BluSens Music preséntase en sociedade co novo disco de Cornelius

ROCK | maio 29, 2009

not_14800.jpg

Cornelius abríu cun cheo total na Sala Capitol a súa nova andaina no que foi tamén o acto de presentación do selo BluSens Músic cunha aposta pola distribución musical diferente usando para iso unha edición especial dun dos reprodutores MP4 da firma compostelá de electrónica de consumo Blu:Sens que collerá como nome “Cornelius 1960” e que se distribuirá comercialmente por 30 países. Así algúns dos temas do grupo no novo traballo ”1960” presentáronse onte en directo e dous deles, así como o seu primeiro videoclip iran incorporados nestes reprodutores para despois pasar o disco enteiro ás plataformas musicais de venda electrónica máis coñecidas e ao pasar o verán ofreceranse novos formatos. A banda debutou discográficamente con Greatest Hits (PAI Musica, 2007) álbum co que conseguiron chamar a atención da crítica e o público. Cos novos temas Cornelius mantén o seu son no que fusionan influenzas diversas, o disco foi gravado en diversos estudios durante varios meses e na súa produción colaboraron o británico Mick Glossop e o enxeñeiro neoiorquino Tutsuya Sato que teñen traballado con xente como Van Morrison, Suede, Madonna ou Amy Winehouse.

VIDEO | 1960
VIDEO | 1960 Demo
datos do disco