Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Con Benzón Guadi Galego presenta o seu disco máis conceptual e universal

O DISCO NON SE LEVARá AO DIRECTO POLA CANTIDADE DE COLABORADORES QUE PARTICIPARON NEL

Con Benzón Guadi Galego presenta o seu disco máis conceptual e universal

FOLK | maio 20, 2009

not_14744.jpg

Acompañada por Guillermo Fernández e Uxía, Guadi Galego presentou hoxe o seu novo disco Benzón (Músicas de Salitre, 2009) en Compostela, nun acto que congregou a numerosos informadores e a outros músicos que participan no disco. De feito son vinte e cinco os colaboradores para os trece temas de Benzón, xa que Guadi encargou arranxos, letras e músicas numerosos compañeiros da escena musical actual entre os que están Fran Pérez “Narf”, Xavier Díaz, Abe Rábade, Quim Fariña, Xacobe Martínez Antelo, o grupo Leilía, Germán Díaz e outros moitos. Grazas a todas estas achegas presenta unha ampla variedade de estilos entre o tradicional, o pop e o jazz, nun percorrido cuxa unidade pasa pola voz da propia Guadi nun “discurso musical, que transcorre sen sobresaltos pasando por distintos tons, climas e ambientes” en palabras de Guillermo Fernández e que constitúe un dos principais atractivos do disco. Esta gran cantidade de achegas e a imposibilidade práctica de xuntalos nun escenario fan que Guadi Galego afirme que este disco non vai ser levado ao directo, deixándoo nun “disco moi conceptual” e con vocación universal que se ilustra cunhas fotografías de ceos de Galicia -unha por canción- obra de Karlos Abal, que expresan esa vocación xa que “como a música, os ceos non teñen fronteiras”, expresou Guadi . O disco xa está á venda desde hoxe distribuído pola Lonxa Cultural.

Guadi Galego - Benzón
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Muiñeira de Concha de Luneda
Música Guadi galego / Pedro Pascual Arranxos: Pablo Pascual
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Madama
Letra: Rosa Bugallo Música Guadi galego / Pedro Pascual Arranxos: Pedro Pascual
datos do disco
Ligazóns