Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Félix Palomero deixa a Sinfónica de Galicia para dirixir o INAEM

FOI DIRECTOR TéCNICO DA ORQUESTRA E DOS COROS NACIONAIS DE ESPAñA DURANTE SEIS ANOS

Félix Palomero deixa a Sinfónica de Galicia para dirixir o INAEM

CLáSICA/LíRICA | maio 8, 2009

imaxe non dispoñible

En novembro de 2006 chegaba á Coruña para converterse no xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia. Baixo o brazo de Félix Palomero (León, 1962) viña un impresionante currículo como director técnico da Orquestra e dos Coros Nacionais de España, dúas unidades de produción pertencentes ao Instituto Nacional das Artes Escénicas (INAEM), nos que acometeu unha fonda remodelación que lle levou seis anos. Agora, regresa ao INAEM pero como director. Substitúe a Juan Carlos Marset no seu cargo e ten por diante a tarefa de converter unha reforma profunda do instituto en Axencia.