Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IGAEM multiplicou as funcións nos últimos anos

AS ACTUACIóNS MUSICAIS SON AS QUE MáIS MEDRARON EN NúMERO E ORZAMENTO

O IGAEM multiplicou as funcións nos últimos anos

MISCELáNEA | abril 30, 2009

imaxe non dispoñible

A traballo do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais medrou nos últimos anos. Segundo revelan dos datos do Anuario de Estatísticas Culturais do Observatorio da Cultura, o número de funcións programadas por este organismo no noso país medrou de xeito continuado entre 2005 e 2007, tanto en danza (de 29 a 73 funcións) coma en teatro (466 a 703) ou en maxia (19 a 72). No entanto é na música onde se detecta un maior incremento, tanto no número de actuacións como no orzamento, que pasaron respectivamente de 38 a 791 concertos e de 115.254 euros a 440.836. Estes incrementos nas artes escénicas en xeral están vencellados, segundo o Observatorio, aos circuítos dedicados as artes escénicas que puxo en marcha o anterior goberno da Xunta de galicia.