Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Los Planetas encabezan o avance do cartel do Festival do Norte 2009

O DESEñADOR GUILLERMO ARIAS GAñA O CONCURSO DO FDN SOBRE A IMAXE DO FESTIVAL

Los Planetas encabezan o avance do cartel do Festival do Norte 2009

INDIE | febreiro 26, 2009

not_14169.jpg

As noticias sobre como será a edición deste ano do FDN van chegando aos poucos. No avance do cartel de actuacións previstas para o 1 e 2 de maio a organización xa comunicou a presenza de Los Planetas, os holandeses The Rumble Strips, Love of Lesbian, La Buena Vida, Manos de Topo, Cuchillo , os coruñeses Nouvelle Cuisine e máis Isra Dj ( Sala Karma de Pontevedra). Tamén como última hora súmanse as confirmacións de The Whip, Vetusta Morla e Extraperlo. Quedan moitos grupos por confirmar así como os horarios de actuación pero para que aqueles que confían plenamente neste evento xa está á venda as entradas a través do servizo en liña de Caixanova a un prezo especial de 20 euros o abono de dous días se a compra se fai antes do 15 de marzo. Por outro lado xa se coñece o gañador do concurso Artwork para decidir a imaxe do festival deste ano en todo tipo de mercadoría derivada, resultando elixido o concepto presentado por Guillermo Arias, deseñador nacido en Ribadavia e residente na Coruña onde ten o estudio SysVisions.

Ligazóns