Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Mozart estreará en España a primeira ópera italiana do compositor salzburgués

O PROGRAMA ESTéNDESE DO 21 DE MAIO AO 28 DE XUñO

O Festival Mozart estreará en España a primeira ópera italiana do compositor salzburgués

CLáSICA/LíRICA | febreiro 20, 2009

imaxe non dispoñible

Mitridate Re di Ponto é a ópera composta por Mozart con tan só 14 anos, cando estaba de viaxe por Italia. O escritor Italo Calvino fixo en 1981 unha versión que agora se recupera para nova edición do festival. Un encontro que continúa prestando atención ao gran teatro europeo do século XX e que lle permitirá homenaxear ao director de escena Graham Vick. En total, haberá 34 actividades entre concertos, recitais, música de cámara, proxeccións cinematográficas e unha mesa redonda que se desenvolverán entre o 21 de maio e o 28 de xuño. Entre as novidades deste ano, destaca a versión en galego de O esquío astuto, a ópera infantil composta por Nino Rota (autor da banda sonora de O padriño) adaptada por Joám Trillo e coa participación do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Ligazóns