Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ramón Souto recibe unha mención de honra do festival de novas músicas de Rochester
Ramón Souto recibe unha mención de honra do festival de novas músicas de Rochester
febreiro 12, 2009
Ossia New Music é o festival de música alternativa de Rochester (Nova York). Un encontro que convoca desde hai dous anos un premio de composición de ámbito internacional. Un certame ao que o compositor vigués Ramón Souto presentou En suspenso, unha obra baseada nun texto de Bruno Shulz, novelista e pintor xudeu que foi asasinado na Segunda Guerra Mundial. A composición recibiu unha mención de honra e será interpretada o 27 de marzo pola Ossia Ensemble da Eastman School, entidade organizadora do certame.