Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As efemérides de Haydn, Händel ou Mendelssohn anegan as programacións das formacións galegas
As efemérides de Haydn, Händel ou Mendelssohn anegan as programacións das formacións galegas
xaneiro 12, 2009
No 2009 cúmprense dous bicentenarios: o do nacemento de Mendelssohn e o do pasamento de Haydn, así como o 250 aniversario do pasamento de Händel. Tres celebracións que as dúas grandes formacións musicais clásicas galegas incorporan nos seus repertorios. A Real Filharmonía lembrará a Joseph Haydn con dous monográficos no mes de maio, que se suman ao cedé homenaxe a Falla que acaba de publicar. Pola súa banda, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) retomará algunhas das composicións de Mendelssohn, que compartirá protagonismo con Andrés Gaos, o compositor galego que hai 50 anos que morreu. A OSG tamén estreará as obras de dous compositores galegos: Sergio Moure e Eduardo Soutullo.