Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O premio Maketón ao mellor disco vigués vai para o Upskirts de The Blows

JUAN RIVAS FOI PREMIADO POR TODA A SúA TRAXECTORIA MUSICAL

O premio Maketón ao mellor disco vigués vai para o Upskirts de The Blows

MISCELáNEA | decembro 23, 2008

not_11433.jpg

A gala da oitava edición dos premios Maketón Estrella Galicia, que recoñecen o mellor da escena musical viguesa, rematou cun palmarés no que o Upskirts (Pupilo Records) de The Blows aparece como o mellor disco do 2008, o premio ao mellor directo foi para o grupo galego-arxentino Phantom Club, mentres que a traxectoria musical de Juan Rivas foi, este ano si, premiada polas votacións. Rivas xa acumual con esta tres estatuíñas do Maketón en distintas categorías. O premio á mellor maqueta de grupo local 2008 foi para Inerttes. Pechouse a gala coa entrega do premio especial 2008 aos "CASTROCONCERTOS", da Concelleira de Xuventude do Concello de Vigo polo apoio aos grupos noveis de Vigo.