Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Zarzuela chega á oitava edición incorporando novos xéneros

NO PROGRAMA DESTACA O DEBUT EN COMPOSTELA DO BARíTONO CORUñéS BORJA QUIZA

O Festival de Zarzuela chega á oitava edición incorporando novos xéneros

CLáSICA/LíRICA | decembro 16, 2008

imaxe non dispoñible

Todo lírica é o lema baixo o que se presenta unha nova edición do Festival de Zarzuela de Santiago. Un programa que este ano incorpora outros xéneros musicais como o tango ou o musical americano. A encargada de abrir o certame será a mezzosoprano italiana Manuela Custer, que interpretará obras de Mariano Castelnuovo Tedesco e Xavier Montsalvage. O certame que se desenvolve ata o 3 de xaneiro permitirá debutar en Compostela ao barítono coruñés Borja Quiza quen, pese a súa xuventude, ten un lugar destacado no panorama lírico internacional.