Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / La Voz de Galicia lanza un coleccionable sobre música tradicional
La Voz de Galicia lanza un coleccionable sobre música tradicional
novembro 24, 2008
Dez libro-discos de sesenta e oito páxinas con cadanseu CD que inclúe dez cancións por entrega. Esta é a proposta que fai o xornal La Voz de Galicia con O son e a terra, o coleccionable que comezará o vindeiro trinta de novembro. O proxecto recupera temas tradicionais do país vencellándoos a diferentes áreas xeográficas. Ademais, os libros achegarán información sobre os elementos sociais, culturais e naturais de cada unha destas zonas. A nivel musical, os discos recollerán dúas versións dos diferentes temas, unha interpretada por formacións tradicionais e outra que inclúe instrumentos do folk máis contemporáneo coma o acordeón, a frauta, o violín ou o bouzouki.