Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un curso da Universidade de Vigo ensina a facer gravacións musicais de calidade

O VETERANO ENXEñEIRO JAVIER ABREU IMPARTE ESTAS CLASES NO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Un curso da Universidade de Vigo ensina a facer gravacións musicais de calidade

MISCELáNEA | novembro 19, 2008

imaxe non dispoñible

O experto enxeñeiro musical do Oceano Estudio de Vigo, Javier F. Abreu está a impartir na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra un curso de introdución á gravación musical. O curso, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, comezou o pasado 5 de novembro e esténdese ao longo do primeiro cuadrimestre ata o 28 de febreiro todos os mércores á mañá. Abreu, cuxa traxectoria o ten levado a gravar con moitas e moi diferentes formacións musicais do país, achega aos alumnos ás últimas tecnoloxías en sonorización e gravación musical, facendo prácticas cos equipos dispoñibles. O obxectivo é adquirir unha visión global do mundo da produción musical e conseguir realizar unha gravación de diferentes instrumentos musicais acústicos e electrónicos. Traballarase con sistemas de captación de son, dispositivos de rexistro, mestura e procesamento, así como con aplicacións informáticas como o Pro Tools.