Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un disco para manter viva a memoria musical de Rianxo

EDUCALDEA E A ASOCIACIóN BARBANTIA RECUPERAN E POñEN EN VALOR A PATRIMONIO MUSICAL

Un disco para manter viva a memoria musical de Rianxo

FOLK | novembro 14, 2008

not_13472.jpg

Como “a mellor demostración dun secular e fecundo diálogo entre a tradición e o futuro de todos nós” considera Xosé Luis Axeitos, académico da RAG a gravación e edición do CD Son de Rianxo no que el asina un texto a modo de introdución. Dezaseis cortes de música tradicional a cargo de gaiteiros e formacións da zona do Barbanza, como Ramón Carou, Xosé Figueiras, Os Cangrexeiros ou Río do Anxo entre outros conforman este disco do que se tiran 1.000 exemplares e que presentan hoxe ás 20:30 horas no CEP Brea Segade de Taragoña. O disco é froito dun traballo de recollida sonora e gráfica por parte de Educaldea, un proxecto de educación activa coordinado por docentes de dito centro escolar, en colaboración coa asociación cultural Barbantia. A gravación realizouse nos estudos da Radio Galega.

datos do disco