Dosier: formacións musicais en Galicia
novembro 13, 2008
Santiago e A Coruña teñen a súa propia formación musical (A Real Filharmonía e a Orquestra Sinfónica, respectivamente) e Vigo non podía ser menos. O vindeiro 7 de decembro terá lugar o seu concerto inaugural, no que farán unha homenaxe a Reveriano Soutullo tocando pezas que non se interpretan desde hai un século. A formación contará con 60 músicos, escolleitas nas audicións que se celebran estes días. O cordobés Francisco Navarro Lara será o encargado de dirixir esta formación que levará o nome de Banda Sinfónica de Vigo. Aproveitamos a súa estrea para repasar as últimas formacións creadas no país.
Arroupada por Caixanova, no 2002 Vigo contou cunha sinfonieta (nome dado ás sinfónicas con menos de sesenta músicos)
Vigo estrea unha Sinfonieta para apoiar a canteira musical
A orquestra Castro Navas foi impulasda pola Fundación Menela
Nace en Vigo unha orquestra que integra mozos e mozas con autismo
Laura Alonso e a súa parella, o clarinetista alacantino Tony Salar puxeron en marcha esta entidade
Nace a Orquestra Barroca Galega para cubrir un oco no panorama musical do Norte
Foi impulsada desde a Federación Galega de Bandas de Música Populares
A Federación Galega de Bandas de Música presenta a súa Banda Sinfónica
Tema do día sobre a programación nas formacións galegas
As principais orquestras galegas dedican a maior parte da súa programación a compositores estranxeiros
Tema do día sobre a Fundación Reveriano Soutullo, impulsora da Orquestra que tiña o seu nome, posteriormente rebautizada como Sinfónica do Sur
A figura case esquecida do compositor do pasodobre Ponteareas revive con forza inspirando múltiples iniciativas culturais