Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Olympus venceu ao reloxo completando máis de vintecinco horas de concerto ininterrompido

O CONCELLO DE NEGREIRA APOIA A REPETICIóN FUTURA DO EVENTO CO SEU APOIO

Olympus venceu ao reloxo completando máis de vintecinco horas de concerto ininterrompido

MISCELáNEA | novembro 4, 2008

not_13380.jpg

O nome da Orquesta Olympus seguirá figurando no Libro Guinnes das Marcas por ser a formación musical que máis tempo estivo dando un concerto sen parar. Con vintecinco horas e dez minutos a orquesta conseguíu superar nunha hora e dez minutos a súa anterior cita coa posteridade, esforzo que tivo como premio o recoñecemento dos milleiros de persoas que acudiron a Negreira para apoialos e o dos artistas que compartiron con eles algúns minutos no escenario, como cristina Pato, Marta Sánchez, La Unión ou Nacho García Vega entre outros. O Concello de Negreira ten previsto organizar unha recepción oficial á orquestra e quere animalos a repetir o fito en vindeiras ocasións contando cun maior apoio pola súa parte. Desde a alcaldía barállase a idea de poñerlle o nome da formación musical a unha rúa.