Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Blusens ficha a Cornelius para o seu selo dixital co que gravará o seu novo traballo

O GRUPO DE VILAGARCIA ENTRARá A GRAVAR PROXIMAMENTE NOS VILLAGE ESTUDIOS EN CALIFORNIA

Blusens ficha a Cornelius para o seu selo dixital co que gravará o seu novo traballo

ROCK | outubro 30, 2008

not_13351.jpg

Despois do éxito acadado co seu primeiro traballo Greatest Hits (PAI Música, 2007) a banda radicada en Vilagarcía, Cornelius, xa está preparando o seu segundo traballo con importantes cambios. O grupo ven de fichar polo selo Blusens Music, dependente da corporación multinacional compostelá de electrónica de consumo Blusens. A súa música distribuirase a través de canles dixitais asociadas aos produtos desta marca, líder en vendas de dispositivos MP3 e MP4 portátiles. A forte aposta da compañía polo grupo vese coa contratación como produtor do veterano Mick Glossop, colaborador habitual de Van Morrison,, así como na vindeira viaxe do grupo a California para gravar nos Village Estudios de Los Angeles, lugar polo que pasaron artistas como The Doors, Aerosmith, Bruce Springsteen, Beck ou Pink Floyd entre outros moitos.